Actividades
Ciclo de montaña, medio ambiente e cambio climático
AUDITORIO CONCELLO DE VIGO
A quinta edición deste ciclo de conferencias, celebrada en Vigo do 24 ao 26 de marzo de 2026 co apoio do Concello e a Universidade de Vigo, reunirá tres xornadas inspiradoras: o alpinista Alex Txikon falará da montaña como escola de vida, a naturalista Odile Rodríguez de la Fuente abordará a crise ecosocial e o legado do seu pai Félix, e o director Mariano Baratech pechará o ciclo presentando solucións reais fronte á emerxencia climática a través da serie documental Hope! Estamos a tiempo.
A Rede de Áreas Conservadas por Comunidades Locais retoma as visitas de intercambio
A Rede, que agrupa case 100 comunidades que xestionan colectivamente máis de 40.000 hectáreas en Galicia, inicia un novo ciclo de visitas entre os seus membros. A próxima cita será o 14 de marzo, con visita á Comunidade de Montes de Víncios (Gondomar).