Saltar ao contido
Vista panorámica do Monte de Vincios

Comunidade de Montes de Vincios

Xestionando o noso monte, coidando o noso futuro

Previsión en Vincios

Hoxe 9

25° / 10°

Ven 10

24° / 12°

Sáb 11

14° / 9°

Dom 12

14° / 7°

Lun 13

14° / 9°

Mar 14

16° / 12°

Mér 15

16° / 10°

Acceso rápido

Destacados

Ciclo de montaña, medio ambiente e cambio climático
Actividade 24 marzo

Ciclo de montaña, medio ambiente e cambio climático

A quinta edición deste ciclo de conferencias, celebrada en Vigo do 24 ao 26 de marzo de 2026 co apoio do Concello e a Universidade de Vigo, reunirá tres xornadas inspiradoras: o alpinista Alex Txikon falará da montaña como escola de vida, a naturalista Odile Rodríguez de la Fuente abordará a crise ecosocial e o legado do seu pai Félix, e o director Mariano Baratech pechará o ciclo presentando solucións reais fronte á emerxencia climática a través da serie documental Hope! Estamos a tiempo.

Touba do Brión
Ruta Media

Touba do Brión

A Touba do Brión é unha das xoias escondidas dos Montes de Víncios. Esta cova, situada debaixo do Curro, garda entre as súas pedras séculos de historia, lendas e memoria popular que aínda hoxe viven na voz das xentes do lugar.

Cartografías Sensibles
Proxecto Activo

Cartografías Sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro. Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar. A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Carreiros e Rutas

Ver todas →

Quen somos

Os tempos no monte son lentos; a natureza marca o ritmo. Tendo en conta eses tempos, propoñemos actuacións con retornos escalados segundo a súa orixe. Debemos aprender a camiñar a eses ritmos.

A Comunidade de Montes de Vincios, como xestora do monte veciñal, aporta os servizos do ecosistema que a sociedade precisa.

Logo Comunidade de Montes de Vincios

Forma parte da comunidade

Rexístrate para acceder a todas as funcionalidades: actividades, suxerencias, mapa e moito máis.

Radio Galiñeiro

Pulsa para escoitar